Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia
O 11F reivindicamos unha ciencia con igualdade: máis referentes, menos estereotipos e recursos educativos para que as nenas poidan elixir as STEM en liberdade.
O 11F reivindicamos unha ciencia con igualdade: máis referentes, menos estereotipos e recursos educativos para que as nenas poidan elixir as STEM en liberdade.
Estar de baixa laboral non implica quedar pechado na casa nin renunciar á vida cotiá. A baixa concédese para facilitar a recuperación, polo que se poden realizar todas aquelas actividades que non a prexudiquen e sempre seguindo as indicacións médicas. Pasear, facer exercicio moderado, manter vida social ou asistir a cursos alleos á empresa é posible se non atrasa a mellora. O que non está permitido é traballar, saltarse tratamentos ou realizar actividades imprudentes. En caso de dúbida, a recomendación é clara: consultar sempre co persoal médico que realiza o seguimento da baixa.
As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE, CSIF e UGT-SP e a Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia vimos de formalizar a sinatura dunha addenda ao Acordo sobre medidas de mellora, co obxectivo de impulsar a súa aplicación efectiva no sistema educativo galego e mellorar as condicións de traballo do persoal docente
Esiximos feitos: poñer freo á privatización e aos “chiringuitos” na FP privada. Valoramos as palabras do presidente do Goberno, pero hai que acelerar medidas coa comunidade educativa e acompañalas dun plan potente para reforzar a FP pública (presencial e en liña), garantindo igualdade de oportunidades, calidade e emprego digno.
CCOO Ensino celebrou onte, 4 de febreiro de 2026, en Santiago de Compostela unha xornada de formación interna dirixida ás delegadas e delegados sindicais baixo o título “Radon no sector educativo: explicacións e actuacións”.
CCOO levamos desde o ano 2016 reclamando o dereito á avaliación da actividade investigadora de todo o PDI e a percibir o complemento de sexenios.
Convocada Mesa Sectorial que terá lugar o martes, 10 de febreiro de 2026.
A CIG-Ensino, CCOO Ensino, UGT-SP Ensino, USO, CUT e SNEP anunciamos o inicio de mobilizacións nas rúas e nos centros de traballo, cunha “campaña de concienciación social” da precariedade laboral que sofren as persoas traballadoras destes tres sectores tan esenciais.
Hoxe, 29 de xaneiro, constituíse a Mesa Negociadora do VIII Convenio de Ensino Concertado, na que CCOO teremos dous vogais cunha representatividade do 10,53 %.