CCOO e UGT valoran que vaia o 0,5 % ao Consejo de Ministros de hoxe, pero recriminan ao Goberno a tardanza e insuficiencia
As dúas organizacións lembran ao Executivo que o abono desta contía, correspondente a 2024, chega con 18 meses de atraso.
As dúas organizacións lembran ao Executivo que o abono desta contía, correspondente a 2024, chega con 18 meses de atraso.
CCOO participou xunto con outras entidades, colectivos e organizacións de toda Galiza na constitución esta fin de semana en Compostela do proceso social Lingua Vital.
A liña de acción sindical de CCOO Ensino pasa por estar sempre dispostas e dispostos a loitar pola mellora do ensino galego e das nosas condicións laborais, en solitario ou desde a unidade de acción, pero sen aceptar imposicións de ningún tipo. DIÁLOGO, COORDINACIÓN E ACCIÓN!
O 27 de xuño de 2025, tivo lugar a xuntanza da Comisión de persoal ordinaria.
Agora máis ca nunca, os dereitos LGTBIQ+ eríxense como fronteira de democracia ante a onda reaccionaria que percorre o mundo e que xa alcanza a UE.
Neste artigo recóllense tanto as intervencións de CCOO Ensino como as respostas da Administración na Mesa Sectorial do 18 de xuño de 2025.
O xoves, 26 de xuño, reunímonos na Mesa Sectorial estatal do persoal docente non universitario co Ministerio de Educación para tratarmos o proxecto de real decreto polo que se desenvolven as características do programa de formación sobre o desenvolvemento da función directiva, así como os módulos de actualización no desempeño da dita función.
O xoves, 26 de xuño, CCOO participamos na sesión do Consello Galego da Formación Profesional. Presentamos a nosa posición sobre o proxecto de Decreto de ordenación da FP en Galicia. Na nosa intervención puxemos o foco en cinco cuestións estruturais que consideramos imprescindibles para garantir unha formación profesional ao servizo do interese público, da cohesión social e do desenvolvemento sostible.
Na mañá de hoxe, 26 de xuño, as e os profesionais do ensino concertado manifestámonos diante da Consellería de Educación para reclamar acordos dignos, a fin da discriminación e o respecto aos dereitos laborais no sector.
Esta mobilización busca visibilizar a grave situación de bloqueo que padece o ensino concertado en Galicia, sen avances reais dende hai anos.
Este mércores, 25 de xuño, os sindicatos FSIE, UGT-SP, CCOO, FEUSO e SNEP comparecemos en rolda de prensa para denunciar o continuo abandono e desprezo da Xunta de Galicia cara ao colectivo de traballadoras e traballadores deste sector.
A mobilización convocada para mañá, xoves 26 de xuño, ás 11:30 h fronte á Consellería de Educación (San Caetano, Santiago), busca visibilizar a grave situación de bloqueo que padece o ensino concertado en Galicia, sen avances reais dende hai anos.