A comunidade educativa galega, unida no apoio á manifestación do 23F

Lingua Vital Xa! Paremos a emerxencia lingüística A comunidade educativa galega presentouse hoxe unida nunha rolda de prensa en Compostela na que recordaron que “todos os estudos e informes sinalan que a lingua galega está nunha situación de emerxencia”, mais tamén que “todo é reversible se se activaren todas as ferramentas sociais e políticas para facelo posible”. Os principais sindicatos … Ler máis

Concentración este domingo en Santiago polo futuro do galego: “Mudemos de rumbo”

Este domingo, 17 de novembro, ás 12:00, concentrámonos en Santiago de Compostela, na Praza da Quintana, para reclamar un futuro digno para o galego. Convocamos a todas e todos a que vos sumedes a esta mobilización organizada pola plataforma Queremos Galego, baixo o lema “Mudemos de rumbo. Polo futuro do galego”.