ENSINO EN GALEGO – A nosa lingua, o noso patrimonio!
Día e hora: domingo 23 de febreiro ás 12 horas
Lugar: Alameda de Santiago de Compostela – Remate no Obradoiro
CCOO Ensino chama a toda a comunidade educativa e á sociedade galega en xeral a participar na manifestación en defensa da lingua galega organizada pola plataforma Queremos Galego.
“Todos os estudos e informes sinalan que a lingua galega está nunha situación de emerxencia, mais tamén que todo é reversible se se activan todas as ferramentas sociais e políticas para facelo posible.”
Desde CCOO Ensino cremos que é fundamental centrar o debate sobre o modelo lingüístico de Galicia nas aulas, xa que, sen dúbida, o Ensino é o punto de partida para que o Galego poida mellorar a súa dramática situación actual.
