Neste 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, desde CCOO Ensino non vemos mellor forma de actuar que chamando a toda a comunidade educativa galega e á sociedade en xeral a defender a lingua galega este domingo 23 de febreiro en Santiago de Compostela.
Día e hora: domingo 23 de febreiro ás 12 horas
Lugar: Alameda de Santiago de Compostela – Remate no Obradoiro
A manifestación organizada pola plataforma Queremos Galego conta con numerosos apoios do mundo do ensino (organizacións sindicais, ANPAS, etc.), da cultura (asociacións de escritores e de medios audiovisuais), partidos políticos e outros moitos colectivos da sociedade en xeral.

