Ensino en Galego – A nosa lingua, o noso patrimonio!
Non hai mellor forma de amar Galicia que defender a nosa lingua. A manifestación deste domingo 23 de febreiro (Día de Rosalía de Castro) en Santiago, organizada pola plataforma Queremos Galego, contou con numerosos apoios.
CCOO participou activamente para esixir a derrogación do Decreto do Plurilingüismo do ano 2010 e que non se discrimine o Galego en ningún ámbito da sociedade, comezando, como non, polo Ensino, que debe ser o punto de partida para a recuperación da nosa lingua.



























































































































































