O vindeiro xoves, 27 de febreiro.
Os grupos de traballo que se propoñen desde a Administración inclúen:
- Marco de competencias docentes e formación inicial
- Procesos de ingreso e prácticas
- Formación permanente e desenvolvemento profesional
- Condicións para o desempeño do labor docente: xornada, ratios, apoios para as necesidades específicas e desburocratización
Para CCOO, os temas relacionados coas condicións laborais, o benestar e o recoñecemento do profesorado son absolutamente prioritarios; deben comezar a aplicarse medidas decontado, e todo o noso decálogo para un Estatuto Decente debe estar incluído nas negociacións:
- Diminución da carga lectiva, redución do horario de permanencia e mellora das ratios.
- Todos os corpos docentes deben ser grupo A1 e subir de nivel.
- Xubilación anticipada, voluntaria e incentivada para todas e todos.
- Regulación específica docente da saúde laboral, incluíndo os riscos psicosociais.
- Mellora real da formación inicial.
- Formación permanente con recursos e dentro do horario laboral.
- Unha verdadeira carreira profesional, atractiva, articulada e ben incentivada.
- Revisión do ingreso e acceso, primando aspectos pedagóxicos cunha fase de prácticas con recursos, realmente formativa e ben planificada.
- Concreción das funcións do profesorado para evitar a acumulación de tarefas e o exceso de burocracia.
- Mellora e homologación á alza das condicións retributivas e laborais do profesorado, incluíndo tamén licenzas e permisos e acción social.
Apoia as reivindicacións de CCOO e mantente ao día en: https://salariodecente.ccoo.es/gal/.
