CCOO CHAMA A DEFENDER A LINGUA GALEGA 

Neste 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, desde CCOO non vemos mellor forma de actuar que chamando a toda a sociedade en xeral a defender a lingua galega este domingo 23 de febreiro en Santiago de Compostela participando activamente na manifestación a favor da lingua galega, baixo o lema Lingua Vital xa.

A manifestación organizada pola plataforma Queremos Galego (https://queremosgalego.gal/) conta con numerosos apoios (https://ccooensino.gal/mondra-pora-o-ramo-a-manifestacion-unitaria-pola-lingua-do-23f-en-compostela/) do mundo do ensino (organizacións sindicais, ANPAS, etc.), da cultura (asociacións de escritores e de medios audiovisuais), partidos políticos e outros moitos colectivos da sociedade en xeral.

Día e hora: domingo 23 de febreiro ás 12 horas
Lugar: Alameda de Santiago de Compostela – Remate no Obradoiro


A marcha sairá ás 12h da Alameda pola rúa da Senra, Praza de Galiza, Porta da Mámoa, Praza do Toural, rúa do Vilar, Praza das Praterías e Rúa de Fonseca, ata concluír na praza do Obradoiro, onde se lerá o manifesto e intervirá o portavoz de Queremos galego e presidente da Mesa, Marcos Maceira. Será nun acto conducido por Xurxo Souto que contará, tamén, coas actuacións de Carapaus e da asociación de gaiteiros e gaiteiras galegas que interpretarán a Alborada para Rosalía.

Achegamos ligazón a un breve resumo complementario da situación actual da lingua galega: (https://academia.gal/-/novo-informe-do-consello-de-europa-1)