Mobilización do ensino concertado por acordos dignos e respecto aos dereitos laborais

Na mañá de hoxe, 26 de xuño, as e os profesionais do ensino concertado manifestámonos diante da Consellería de Educación para reclamar acordos dignos, a fin da discriminación e o respecto aos dereitos laborais no sector.

Esta mobilización busca visibilizar a grave situación de bloqueo que padece o ensino concertado en Galicia, sen avances reais dende hai anos. As principais reclamacións son:

  • Xubilación parcial: solución xusta para un acordo que durou só sete meses
  • Paga Extraordinaria de Antigüidade (PEA): unha débeda histórica e inxustificada que acumulada rolda os 40 millóns de euros
  • Homologación salarial
  • Redución da carga lectiva
  • Persoal de administración e servizos en pagamento delegado


Galicia non pode ser a única comunidade autónoma do Estado sen avances no ensino concertado. Basta Xa! Necesitamos Acordos dignos no ensino concertado Xa!

Manifesto