Mobilización do ensino concertado por acordos dignos e respecto aos dereitos laborais
Na mañá de hoxe, 26 de xuño, as e os profesionais do ensino concertado manifestámonos diante da Consellería de Educación para reclamar acordos dignos, a fin da discriminación e o respecto aos dereitos laborais no sector.
Esta mobilización busca visibilizar a grave situación de bloqueo que padece o ensino concertado en Galicia, sen avances reais dende hai anos.
