Toda a información da comisión de persoal do 27 de xuño de 2025

O 27 de xuño de 2025 tivo lugar a xuntanza da Comisión de persoal ordinaria na que se trataron os seguintes puntos:

Proposta de Modificación da Relación de Postos de Traballo da Axencia de Turismo de Galicia

O voto de CCOO foi A FAVOR xa que recollen a maior parte das nosas alegacións e o talante, en toda a negociación foi sempre de intentar achegar posturas.

Proposta de Modificación da Relación de Postos de Traballo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

O voto de CCOO foi A FAVOR.

Proposta de Resolución pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios

O voto de CCOO foi A ABSTENCIÓN. Non teñen en conta as nosas alegacións, entre elas algunha tan importantes como a aceptación de cursos de menos de 8 horas que ademais son específicos para que este persoal poida desempeñar as súas funcións.

Proposta de Resolución pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, (escala técnica de análises de laboratorio; de mantemento de servizos; de condución; de cociña; de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz; de mecánico naval; de patrón de embarcación; de guí intérprete de patrimonio natural); do corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (escala auxiliar de laboratorio; de mantemento; de condución; de cociña; de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial; de mariñeiro-vixiante; de gardas de recursos naturais); e da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña; de recursos naturais e forestais; escala de persoal subalterno e de persoal de mantemento)

O voto de CCOO foi A FAVOR. Aínda que non se aceptaron as alegacións achegadas por esta organización sindical, como por exemplo algúns puntos relacionados coa conciliación, CCOO votou A FAVOR pola necesidade de convocar todos os concursos o antes posible e axilizar as tomas de posesión en definitivo dos diferentes procesos en marcha.

Rolda aberta de intervencións

Buzóns concursos.- A Directora de Emprego Público informa de que se están incorporando aos buzóns os postos das persoas que se van xubilando: a última actualización, nos concursos que se levaron á comisión de persoal, foron de persoal que se xubilou o 22 de xuño de 2025.

Ante a pregunta de CCOO sobre o estado do proceso de arquitectos técnicos, a Directora nos informa de que nas vindeiras semanas procederán a adxudicación dos postos.

Persoal GAIN.- Nos informe sobre a situación do persoal de GAIN ante a aplicación do Decreto de Investigadores e que están estudando os postos coas distintas consellerías para incluír nun buzón de persoal investigador.