Debates relevantes, pero sen acordo, no XIII Convenio de Infantil 0-3

O 23 de maio de 2024 tivo lugar unha nova reunión de mediación no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA) en relación co bloqueo do XIII convenio colectivo de Centros de Asistencia e Educación Infantil. As organización sindicais CCOO, UGT-SP, USO e FSIE queremos informar, nun comunicado conxunto, de que a mediación segue o seu curso e, de momento, non hai avances significativos.

Formación Profesional – Reunión coa DXFP

O pasado 26 de abril, desde CCOO Ensino demandamos unha reunión urxente coa Directora Xeral de Formación Profesional.  Finalmente, esa petición foi atendida o mércores 15 de maio, e puidemos trasladar moitas das inquedanzas que nos fai chegar o profesorado de Formación Profesional sobre a planificación do curso que vén derivada da implantación da nova Lei de FP. En primeiro … Ler máis

O Ministerio envía ás organizacións sindicais o proxecto de RD de Inspección Educativa

O Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes enviou ás organizacións sindicais o borrador do proxecto de Real Decreto de Inspección Educativa, que ten por obxecto regular os aspectos xerais relativos á inspección educativa e o acceso ao Corpo de Inspectores de Educación.

Resumo da Mesa Sectorial do 16 de maio sobre reais decretos de FP

O Ministerio recoñeceu o carácter informativo da Mesa Sectorial e manifestou que non hai marxe para modificacións relevantes nos textos que irán a aprobación no Consello de Ministros, esta semana ou a seguinte, e que se publicarán no BOE ao día seguinte.

Solicitude conxunta de reunión coa dirección xeral de educación

Os sindicatos UGT-SP e CCOO solicitamos con urxencia un encontro co Director Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellaría de Educación para abordar as seguintes cuestións:

🔴 Implementación do Acordo de Xubilación Parcial na ensinanza concertada.

🔴 Análise da situación do persoal docente nos centros con exceso de ratio.