Por que CCOO non asinou o novo convenio?

XII Convenio colectivo de centros de ensino privado regrado sen ningún nivel concertado ou subvencionado

Porque quedan no tinteiro propostas de mellora das condicións de traballo, presentadas por CCOO, que non nos permitiron debater nin negociar:

  • Reducir a xornada laboral do persoal docente, administrativo e de servizos xerais
  • Facer coincidir a xornada semanal docente coa xornada anual
  • Mellorar a definición de xornada lectiva e non lectiva
  • Relacionar a xornada lectiva docente co calendario escolar do alumnado
  • Introducir as novas tarefas docentes como actividade non lectiva
  • Introducir a voluntariedade para impartir cursos de verán
  • Retribuír xustamente os cursos de verán
  • Eliminar a excesiva parcialidade dos contratos
  • Incrementos salariais anuais por riba do 4 %