Solicitude urxente de reunión coa Directora Xeral de Formación Profesional

CCOO Ensino vén de solicitar unha reunión urxente á Directora Xeral de Formación Profesional á vista de todo o comentado nas xornadas FP Innova celebradas desde o mércores 24 ata o día de hoxe en Santiago de Compostela.
A escasos cinco meses do inicio do novo curso, aínda non recibimos ningunha comunicación por parte da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre os plans que ten para implantar o novo modelo de FP derivado da Lei Orgánica 3/2022, de 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional.

Negociación do XVI Convenio de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade

As persoas traballadoras dos centros de educación especial, dos centros especiais de emprego e dos centros de atención a persoas con discapacidade que atendemos en centros de día, centros ocupacionais, residencias e centros de atención temperá, entre outros, esiximos condicións dignas que estean á altura da profesionalidade coa que prestamos os nosos servizos.

CCOO lidera a negociación para reducir xornadas e mellorar condicións dentro da Mesa Negociadora do convenio de ocio educativo

Na última reunión do IV Convenio Colectivo de ocio educativo e animación sociocultural, celebrada o 10 de abril, CCOO propuxo importantes melloras nas condicións laborais do sector. Entre as medidas destacadas, figuran a redución da xornada anual e a introdución dun descanso remunerado de vinte minutos. CCOO continúa a súa loita para asegurar un equilibrio máis xusto entre a vida laboral e persoal dos traballadores e traballadoras nun sector especialmente precarizado.