Publicados no BOE os novos reais decretos de Formación Profesional

Urximos a Consellería a aprobar sen demoras a normativa autonómica.

O Boletín Oficial del Estado (BOE) acaba de publicar os novos reais decretos que establecen os títulos de Formación Profesional (FP):

Agora que o Ministerio aprobou estes reais decretos, consideramos que a Consellería debe tramitar canto antes a normativa necesaria para a organización da FP no novo curso. Instamos a que isto se execute sen máis demoras, porque xa perdemos demasiado tempo cos atrasos do Ministerio. Agora non podemos permitir que a Consellería tamén se demore con algo que xa deberían ter preparado, porque os documentos eran coñecidos. O paso por Mesa Sectorial debe ser inmediato.

Para CCOO, a negociación colectiva e a coordinación entre Administracións son imprescindibles para a nova ordenación da FP. Estamos practicamente co curso finalizado e o profesorado de FP afronta o inicio do próximo curso con grande incerteza, sen respostas ás súas preocupacións.

Nesta situación, que nos leva a un modelo dual non suficientemente negociado e con grandes carencias, é imprescindible coidar e reforzar os centros e o profesorado de FP. Cómpre aumentar os seus recursos e o seu recoñecemento, asegurar o incremento da oferta pública, ampliar os cadros de persoal e mellorar os horarios e as condicións laborais.

Dende CCOO Ensino seguiremos traballando para que estas demandas sexan atendidas e para garantir unha posta en marcha da nova normativa de FP que responda ás necesidades do sistema educativo galego.