O Ministerio recoñeceu o carácter informativo da Mesa Sectorial e manifestou que non hai marxe para modificacións relevantes nos textos que irán a aprobación no Consello de Ministros, esta semana ou a seguinte, e que se publicarán no BOE ao día seguinte.
CCOO lamentou e criticou esta forma de proceder na Mesa Sectorial. O profesorado e os centros de FP enfróntanse, ao comezo do curso que vén, con moitas preocupacións e inseguridades, e é imprescindible que as administracións colaboren e se coordinen para que se aseguren os recursos, os apoios e que se conte cunha seguridade e unha confianza que non se están dando.
En relación cos documentos, expuxemos algunhas cuestións, principalmente sobre atribucións docentes, e preguntamos que vai pasar coas titulacións LOGSE que non teñen adaptación ao RD LOE e que non se contemplan nestes reais decretos.
Desgraciadamente, o Ministerio non contestou na reunión ás cuestións expostas e quedou en responder proximamente.
Desde CCOO agradecemos enormemente todas as cuestións que nos chegaron sobre os documentos.
A todo o profesorado e, neste caso, ao de FP, hai que coidalo e aumentar os seus recursos e o seu recoñecemento. É necesario asegurar o incremento de cadros de persoal e mellorar horarios e condicións laborais. Neste sentido, seguimos reivindicando que é necesario que todo o profesorado de todos os corpos docentes sexa subgrupo A1 e suba de nivel de complemento de destino.