Concentración en Santiago de Compostela por un convenio digno no sector da discapacidade

CCOO convocou este martes unha concentración en toda España (en Galicia, en Santiago de Compostela) para denunciar a actitude inmobilista das patronais do sector e a falta de resposta ás propostas formuladas na negociación do XVI Convenio Colectivo de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade. Case tres anos despois de iniciadas as negociacións, estas continúan en punto morto.

CCOO, UGT e USO chamamos á rectificación da CIG na campaña de sinaturas para o convenio de infantil 0-3

Ante o comunicado enviado pola CIG ás traballadoras do sector das Escolas Infantís na véspera do comezo da campaña de recollida de sinaturas, desde CCOO, UGT e USO defendemos a continuidade da unidade sindical e apostamos por continuar traballando arreo polas traballadoras do sector co fin de superar canto antes este bloqueo e conseguir dignificar as condicións laborais.

CCOO lidera a loita por un sector do ocio educativo e animación sociocultural máis xusto

O 22 de febreiro iniciouse a negociación do IV Convenio colectivo de ocio educativo e animación sociocultural. Están programadas dúas reunións para marzo e abril, nas que CCOO presentará unha plataforma reivindicativa que busca mellorar as condicións laborais no sector, animando á participación activa dos traballadores e traballadoras.