O 22 de febreiro constituíuse a mesa negociadora do IV Convenio colectivo de ocio educativo e animación sociocultural. A representatividade das organizacións que integran a Mesa é a seguinte:
Banco sindical
- CCOO 49,01 %
- UGT 29,28 %
- USO 21,71 %
- CIG LOLS
Acreditáronse un total de 730 delegados e delegadas, sobre os que CCOO, UGT e USO cumpren o requisito de ter máis dun 10 % de representatividade, mentres que CIG estará presente na mesa pola Lei orgánica de liberdade sindical (LOLS), ao ser o sindicato máis representativo na comunidade autónoma de Galicia.
Banco patronal
- FOESC 50 %
- AEEISSS 20 %
- EDUCATIA 20 %
- ANESOC 10 %
Así mesmo, planificáronse as dúas primeiras reunións, que terán lugar o 12 de marzo e o 10 de abril.
Desde CCOO estamos elaborando a plataforma reivindicativa coas achegas dos nosos delegados e delegadas e da afiliación. Cuestións como salarios, vacacións, tempo de traballo, formación, saúde laboral, permisos e outras moitas, formarán parte das nosas reivindicacións, co obxectivo de dignificar as condicións laborais no sector. Por iso, animamos o conxunto das persoas traballadoras a que participen, poñéndose en contacto con CCOO Ensino en ensino@galicia.ccoo.es.