O 23 de febreiro conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro, a escritora, poeta e referente absoluto da cultura galega.
A autora de “Cantares gallegos” ou “Follas novas” soubo expresar como ninguén a identidade de Galicia, as súas tradicións, o amor e saudade pola terra ao estar lonxe dela e dignificou o valor da lingua galega para escribir literatura (e para todo o demais).
Por estes motivos, nos centros educativos de toda Galicia celebraranse no día de hoxe actos conmemorativos nos que lembrar ou dar a coñecer por primeira vez a vida e obra desta gran muller.