O 27 de febreiro de 2024 constituíuse a Mesa Negociadora do XII Convenio Colectivo de ensino privado regrado non concertado. A representatividade das organizacións que integran a Mesa é a seguinte:
Banco sindical
Acreditáronse un total de 1014 delegados e delegadas, sobre os que CCOO, UGT, FSIE e USO cumpren o requisito de ter máis dun 10 % de representatividade, mentres que a CIG estará presente na Mesa pola Lei orgánica de liberdade sindical, ao ser o sindicato máis representativo na Comunidade Autónoma de Galicia.
SINDICATO | DELEGADOS E DELEGADAS | REPRESENTATIVIDADE |
CCOO | 274 | 28,51 % |
USO | 274 | 28,51 % |
FSIE | 243 | 25,29 % |
UGT | 170 | 17,69 % |
CIG | LOLS | ———– |
Banco patronal
ACADE | 50 % | CECE | 50 % |
En CCOO temos moi claro que este debe ser o convenio da xornada. Cuestións como a falta de correlación entre a xornada semanal e a anual, a indefinición da xornada lectiva e non lectiva, a parcialización das xornadas ou a falta de regulación do módulo de Proxecto Integrado ou da Formación en Centros de Traballo, con efecto directo sobre a xornada de traballo do persoal docente, teñen que resolverse na actual negociación, canda outras moitas.
Por iso, o sindicato está elaborando a plataforma reivindicativa coas achegas realizadas polos nosos delegados e delegadas e mais pola afiliación. Neste sentido, animamos o conxunto das persoas traballadoras a que participen, poñéndose en contacto coa Federación de Ensino de CCOO.