O 23 de maio de 2024 tivo lugar unha nova reunión de mediación no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA) en relación co bloqueo do XIII convenio colectivo de Centros de Asistencia e Educación Infantil. As organización sindicais CCOO, UGT-SP, USO e FSIE queremos informar, nun comunicado conxunto, de que a mediación segue o seu curso e, de momento, non hai avances significativos.
Con todo, podemos confirmar a relevancia dos debates que se están producindo, contrapondo ideas e propostas coas das patronais, co único obxectivo de conseguir o desbloqueo da negociación do convenio.
A próxima reunión convocada no SIMA será o vindeiro 13 de xuño.