A reunión de mediación no SIMA, sen acordo unha vez máis

As organizacións sindicais de ámbito estatal CCOO, UGT-Servizos Públicos, USO e FSIE informamos de que hoxe, despois de varias reunións na sede do Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA), finalizou sen acordo o proceso de mediación.

As organizacións sindicais acudimos a este procedemento coa intención de alcanzar un acordo, flexibilizando as nosas posturas e ofrecendo alternativas que permitisen o desbloqueo da negociación.

Lamentablemente, as organizacións patronais non acudiron coa mesma actitude: non ofreceron máis alternativas que as que xa presentaran na mesa negociadora e insistiron nunhas táboas salariais moi insuficientes, sen retroactividade nin converxencia de salarios.

Ante esta situación, demos por concluída a mediación e iniciaremos un proceso de valoración para tomar as decisións oportunas respecto ás actuacións para levar a cabo nas próximas datas.

Comunicado conxunto