Crónica dun erro anunciado: CCOO xa avisou de que este convenio non daría respostas ao sector de infantil 0-3
O sindicato manterá a súa folla de ruta intacta… Non queremos migallas nin parches de última hora as traballadoras do 0-3!
O sindicato manterá a súa folla de ruta intacta… Non queremos migallas nin parches de última hora as traballadoras do 0-3!
CCOO Ensino reivindicamos décadas de loita e conquistas a prol do persoal de apoio educativo, cunha traxectoria de avances reais acadados mediante negociación, mobilización e defensa xudicial.
Ao mesmo tempo, esiximos á Consellería a apertura inmediata dunha mesa específica para abordar ratios, funcións, condicións laborais e recoñecemento profesional dun colectivo esencial para o funcionamento dos centros educativos.
Unha vez resolto o Concurso Xeral de Traslados (CXT), se non obtiveches o destino desexado, é o momento de comezar a buscar unha posible permuta de destinos.
Desde CCOO Ensino analizamos o anteproxecto de modificación das listas de contratación presentado na Mesa Xeral.
O sindicato quere conseguir condicións laborais dignas para o sector de infantil 0-3 e insta a patronal e as outras organizacións sociais a que non queden atrás.
O ordenamento xurídico español sigue sen ofrecer unha resposta suficientemente eficaz para previr e sancionar o abuso da temporalidade no sector público A Área Pública de CCOO considera que o pronunciamento do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre o abuso da temporalidade no emprego público (Asunto C-418/2024, caso Obadal) confirma, unha vez máis, unha idea esencial: oordenamento xurídico español … Ler máis
A xustiza europea volve cuestionar que o ordenamento español dispoña de medidas realmente eficaces, disuasorias e proporcionadas fronte ao abuso na contratación temporal.
CCOO mantén que a solución de fondo esixe unha reforma normativa clara, que adapte plenamente o noso sistema ás esixencias do Dereito da Unión Europea.
O decreto de acreditación do PPL está cada vez máis preto Avánzase na avaliación da actividade do profesorado polas axencias de calidade autonómicas Por petición de ANECA, o 9 de abril celebrouse unha reunión entre a axencia e as organizacións sindicais máis representativas (CCOO, UGT e CSIF). Nesta reunión, presidida por Pilar Paneque, presidenta da ANECA, tratáronse dous grandes bloques … Ler máis
CCOO reclama que o Goberno cumpra cos compromisos adquiridos
Denunciamos a situación límite que atravesa o primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3), marcado por ratios elevadas, salarios precarios e falta de recoñecemento profesional. Reclamamos condicións laborais dignas para as traballadoras dun sector esencial para o sistema educativo e lembramos que sen un 0-3 de calidade non pode existir unha educación verdadeiramente xusta.