Curso en liña: «Programas e procesos selectivos da acción educativa no exterior»

Curso telepresencial de 14 horas para coñecer en profundidade os programas da acción educativa española no exterior e os seus procesos selectivos.

Unha formación práctica e especializada para o profesorado interesado en acceder a postos docentes ou de asesoría técnica no exterior, con análise de convocatorias, baremos, probas e entrevistas, ademais de experiencias reais de profesionais con traxectoria internacional.

Homologado pola Consellería de Educación e impartido por persoal experto con ampla experiencia nestes programas.

A Consellería de Educación debe abrir xa unha mesa de negociación para o persoal non docente

O persoal non docente é imprescindible para o funcionamento dos centros educativos, pero continúa sen o recoñecemento nin as condicións laborais que lle corresponden. CCOO Ensino presentamos por rexistro a solicitude de apertura dunha mesa de negociación para abordar de forma global as súas demandas e adaptar as condicións á realidade actual dos centros.

Guía de vacacións, permisos e licenzas 2026

Publicamos a guía de vacacións, permisos e licenzas de 2026 elaborada por CC.OO. da USC Como todos estes anos dende CCOO da USC ofrecemos a todo/as os/as traballadores/as da USC un resumo das instruccións de Xerencia relativas a vacacións, permisos e licenzas para ter unha guía de referencia á hora de saber os nosos dereitos Podes descargala ou imprimila, para … Ler máis

Categorías USC