Sen financiamento non hai universidade pública

CCOO reclama o incremento do 1 % do PIB para o financiamento da universidade pública establecido na lei.

O acordo de financiamento entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a UNED marca o camiño para as comunidades autónomas. Este asinamento tradúcese en máis de 20 000 novas prazas de alta demanda e de importante valor estratéxico en grao e en másteres (incluso nos habilitantes).

Sen financiamento non hai universidade pública!

CCOO, na súa liña habitual de reivindicacións para o ámbito universitario, reclama o incremento de financiamento do 1 % do PIB establecido na lei para o conxunto das universidades públicas.

O alumnado da universidade pública debe ter dereito a unha praza nos másteres habilitantes públicos porque cursalos non é un privilexio, senón un dereito para poder exercer a súa profesión.

O acceso á universidade pública e a continuidade nela é un dereito básico de cidadanía, non unha prebenda para as persoas cuxa situación socioeconómica llelo permite. Desde CCOO cremos que o endebedamento das familias para acceder á universidade privada por falta de prazas na públicas debe avergoñarnos como sociedade.