Onte, 9 de abril de 2026, iniciouse a negociación do Convenio Colectivo de Empresas de Ensino Privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos.
En CCOO estivemos traballando de forma intensa e en colaboración cos diferentes territorios do Estado, para realizarmos unha proposta que poña fin aos problemas e carencias que o convenio da concertada arrastra desde hai anos.
Cremos que é o momento de pór encol da mesa as reivindicacións das persoas traballadoras e facer o posible para chegar a un texto de acordo que consolide e avance nos dereitos laborais do sector.
Nesta primeira reunión da mesa negociadora, quixemos deixar ben claro este enfoque e elaboramos unha relación dos principais asuntos que cómpre tratar.
Velaquí as propostas que CCOO considera máis relevantes:
- Equiparación coa función pública.
- Garantir o cobramento dos complementos que establece o convenio.
- Regulación e redución da xornada laboral para todas as categorías.
- Redució nda xornada lectiva para profesionais maiores de 55 anos sen redución salarial.
- Ningún salario base por debaixo do SMI e proporcionalidade entre categorías, que afecta especialmente ao persoal de Administración e Servizos.
- Revisión das categorías laborais.
- Melloras nos permisos retribuídos e non retribuídos.
Acordouse elaborar un convenio totalmente renovado e máis moderno.
O desenvolvemento da negociación realizarase por temas; o primeiro que se tratará será a clasificación profesional.
Establecéronse datas para as dúas próximas reunións, que serán os vindeiros días 6 e 18 de maio.
CCOO, que non asinou unhas táboas salariais para o persoal de Administración e Servizos por seren insuficientes e inxustas, seguirá loitando polos dereitos das persoas traballadoras do sector de forma coherente e contundente.
Temas centrais de negociación do Convenio Colectivo
Desde CCOO formulamos os seguintes temas centrais para a negociación do VIII Convenio Colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos, sen menoscabo de acometer outras cuestións específicas á hora de tratar cada un dos aspectos do texto de convenio, para o que desenvolvemos unha plataforma reivindicativa que iremos presentando conforme o avance dos apartados específicos que se traten na negociación:
Actualización lexislativa
- Revisión de todos os aspectos lexislativos consonte a normativa actual.
- Coidado especial da linguaxe inclusiva.
Clasificación profesional
- Revisión e simplificación das categorías profesionais.
- Asimilación en condicións do Primeiro Ciclo de Infantil ao Segundo Ciclo e Primaria.
- Reclasificación á alza das categorías que posúen titulacións e responsabilidades non valoradas no convenio actual.
- Inclusión de categorías que non aparecen no convenio.
Xornada
- Asimilación da xornada en todo o Estado con respecto á función pública.
- Definición clara e concisa de ‘período lectivo’ e ‘período non lectivo’.
- Definición de período lectivo como hora lectiva.
- Reducións horarias para o persoal maior de 55 anos.
- Redución da xornada para o persoal administrativo e de servizos.
Persoal de Administración e Servizos
- Ningunha categoría co salario base por debaixo do SMI en vigor.
- Proporcionalidade da remuneración nas distintas categorías.
- Non absorción de complementos.
- Inclusión no pagamento delegado.
- Redución da xornada.
Retribucións
- Ningún salario base das táboas salariais por debaixo do SMI.
- Avances na equiparación salarial coa función pública.
- Creación de sexenios.
- Pagamento efectivo de complementos: paga de antigüidade, titorías, coordinación de todo tipo e xefaturas.
- Inclusión dun complemento salarial por aulas de especial dificultade.
- Revisión de desprazamentos e axudas de custo.
- Complemento de insularidade e residencia.
Permisos
- Desenvolvemento de novos permisos, como o de días de asuntos propios.
- Ampliación do permiso por falecemento de familiar.
- Medidas e mellora de bolsa de horas para coidados que se adapte ás necesidades de conciliación.
- Mellora das condicións dos permisos non retribuídos.
- Definición clara dos permisos por nacemento, adopción, acollemento e lactación, tendo en conta todo tipo de familias.
- Mellora das excedencias.
Saúde laboral
- Recoñecemento dos riscos psicosociais educativos.
- Prevención da sobrecarga laboral.
- Dereito á desconexión dixital.

