Curso en liña: «Programas e procesos selectivos da acción educativa no exterior»

‌Formulario de inscrición

Curso telepresencial de 14 horas para coñecer en profundidade os programas da acción educativa española no exterior e os seus procesos selectivos.

Unha formación práctica e especializada para o profesorado interesado en acceder a postos docentes ou de asesoría técnica no exterior, con análise de convocatorias, baremos, probas e entrevistas, ademais de experiencias reais de profesionais con traxectoria internacional.

Homologado pola Consellería de Educación e impartido por persoal experto con ampla experiencia nestes programas.

Telepresencial por Google Meet. 14 horas.

‌ Horario:

  • Sábado, 30 de maio, de 9 a 15
  • Sábado, 6 de xuño, de 9 a 15
  • 2 horas para unha actividade non presencial

Custo: de balde.

Prazas: 50

‌Prazo de matrícula: ata completar prazas

Homologado pola Consellería de Educación

‌Formulario de inscrición

Programa e horario do curso

Relatores

PEDRO REY RODIL (coordinador)

  • Ex-Profesor Visitante en California. Ex-Asesor Técnico Docente en Washington DC

DAVID LÓPEZ GONZÁLEZ 

  • Asistente Técnico de Programas no Exterior do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

ROSA MARTÍNEZ FEITO 

  • Directora do Colexio español Federico García Lorca en París. Ex-profesora no Instituto Español Vicente Cañada Blanch, ALCE Londres e ex-profesora visitante en Londres.

ÁNGELA QUIRÓS COLUBI 

  • Ex-Profesora Visitante en Washington D.C. Ex-Profesora de ELE na Escuela Europea de Bruselas 

MELISSA VALDÉS VÁZQUEZ 

  • Directora do Centro de Profesorado e Recursos Xixón – Oriente Asturias
  • Ex-Asesora Técnico Docente en Alberta (Canadá) e Wellington (Nova Zelandia)

OBXECTIVOS

  • Analizar a estrutura e características dos principais programas da acción educativa española no exterior.
  • Coñecer os procedementos de acceso e os procesos selectivos vinculados ás distintas convocatorias de acción educativa no exterior.
  • Identificar os criterios de valoración, probas e fases habituais dos procesos de selección para postos docentes e de asesoría técnica no exterior.
  • Coñecer experiencias profesionais reais vinculadas ao desempeño de funcións docentes e técnicas no exterior.

CONTIDOS

  • Estrutura e modalidades da acción educativa española no exterior: programas, tipoloxías de postos e ámbitos de actuación.
  • Programas de mobilidade no exterior: características, requisitos e particularidades de cada convocatoria.
  • Procedementos de acceso a postos docentes e de asesoría técnica na acción educativa española no exterior.
  • Criterios de valoración e fases dos procesos selectivos: análise de baremos, probas e entrevistas.
  • Experiencias e traxectorias profesionais de persoal docente e técnico en distintos programas da acción educativa española no exterior.