Matricúlate na universidade pública

Cos mellores profesionais e recursos Recoñecemento nacional e internacional Democrática e participativa Xeradora de progreso e coñecemento socialmente responsable A universidade pública é motor de inclusión, igualdade e progreso Achega un valor engadido para a formación profesional e a integración social do seu alumnado Matricúlate, deféndea! A igualdade de oportunidades comeza na universidade pública. Garantir o acceso é construír unha … Ler máis

19 anos agardando un estatuto do persoal docente e/ou investigador universitario

CCOO esiximos ao Ministerio que cumpra a lei e reactive de inmediato a negociación do Estatuto do PDI, paralizada pola falta de vontade política malia os prazos legais establecidos.

CCOO forza que a LUPA entre no debate constitucional

A universidade pública deféndese actuando CCOO presentou o pasado mes de maio un escrito dirixido ao Defensor do Pobo no que solicita a presentación de recurso de inconstitucionalidade contra a Lei 1/2026, de 6 de marzo, Universitaria para Andalucía (LUPA), publicada no Boletín Oficial de la Junta de Andalucía. Desde CCOO entendiamos que a LUPA contiña elementos que poderían vulnerar … Ler máis

CCOO esiximos ao Goberno que destine o 1 % do PIB ao financiamento das universidades públicas

CCOO reclamamos ao Goberno e ás comunidades autónomas un plan real de financiamento para garantir que as universidades públicas reciban, como mínimo, o 1 % do PIB antes de 2030, tal e como establece a LOSU.

CCOO Ensino urxe á Consellería protocolos claros fronte ao acoso e ás violencias machistas nos centros educativos

CCOO Ensino expresa a súa profunda preocupación polas informacións publicadas nos últimos días arredor da campaña “Espazos Educativos Libres de Violencias Machistas”, impulsada pola Marcha Mundial das Mulleres en Ourense, e comparte a necesidade de garantir que todos os centros educativos sexan espazos seguros, libres de abusos, acoso, violencia e impunidade. Sen prexuízo da necesaria prudencia, da confidencialidade dos procedementos … Ler máis

CCOO e UGT denunciamos “o bloqueo intolerable da Secretaría de Estado de Seguridade Social á xubilación parcial nas Administracións públicas”

Segundo os sindicatos, a Secretaría de Estado de Seguridade Social ten paralizado desde hai máis de dous meses un acordo de xubilación parcial pactado con UGT e CCOO, e mantén secuestrado un dereito de miles de empregadas e empregados públicos. A Federación de Servizos Públicos de UGT e a Área Pública de CCOO denuncian “a actitude inxustificable da Secretaría de … Ler máis

Proxecto de real decreto do estudantado universitario: unha reforma necesaria pero falta de concreción

Tal e como vos informamos, o pasado 27 de abril abriuse o prazo de presentación de alegacións, no marco do trámite de audiencia e información pública, ao Proxecto de real decreto do Estatuto do Estudantado Universitario. Este trámite rematou o luns 18 de maio. Desde CCOO consideramos positivos os avances contidos no texto, no que se observa un esforzo por … Ler máis

O financiamento das universidades públicas: unha historia de incumprimentos

CCOO esíxelle ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades que cumpra a LOSU e garanta, polo menos, o 1 % do PIB para o financiamento das universidades públicas Sen financiamento suficiente non hai universidade pública. Supoñíase que o artigo 55 da Lei orgánica 2/2023 do Sistema Universitario (LOSU) abordaba esta necesidade cando establece que: Esta obriga legal non é só … Ler máis

CCOO presenta alegacións ao proxecto de real decreto polo que se determinan as especialidades e ámbitos do coñecemento

Tal e como vos informamos no seu momento, o pasado 27 de abril abriuse o prazo de presentación de alegacións, no marco do trámite de audiencia e información pública, ao Proxecto de Real Decreto polo que se determinan as especialidades de coñecemento para os efectos do establecemento dos perfís dos concursos das prazas de profesorado universitario das universidades públicas e … Ler máis