CCOO logra desbloquear a xubilación parcial do persoal laboral das administracións públicas

O Real decreto-lei aprobado polo Goberno permitirá recuperar a xubilación parcial para o persoal laboral das administracións públicas, tamén no ámbito educativo: universidades, persoal de apoio educativo e profesorado de Relixión.

Matricúlate na universidade pública

Cos mellores profesionais e recursos Recoñecemento nacional e internacional Democrática e participativa Xeradora de progreso e coñecemento socialmente responsable A universidade pública é motor de inclusión, igualdade e progreso Achega un valor engadido para a formación profesional e a integración social do seu alumnado Matricúlate, deféndea! A igualdade de oportunidades comeza na universidade pública. Garantir o acceso é construír unha … Ler máis

19 anos agardando un estatuto do persoal docente e/ou investigador universitario

CCOO esiximos ao Ministerio que cumpra a lei e reactive de inmediato a negociación do Estatuto do PDI, paralizada pola falta de vontade política malia os prazos legais establecidos.

CCOO forza que a LUPA entre no debate constitucional

A universidade pública deféndese actuando CCOO presentou o pasado mes de maio un escrito dirixido ao Defensor do Pobo no que solicita a presentación de recurso de inconstitucionalidade contra a Lei 1/2026, de 6 de marzo, Universitaria para Andalucía (LUPA), publicada no Boletín Oficial de la Junta de Andalucía. Desde CCOO entendiamos que a LUPA contiña elementos que poderían vulnerar … Ler máis

CCOO esiximos ao Goberno que destine o 1 % do PIB ao financiamento das universidades públicas

CCOO reclamamos ao Goberno e ás comunidades autónomas un plan real de financiamento para garantir que as universidades públicas reciban, como mínimo, o 1 % do PIB antes de 2030, tal e como establece a LOSU.

CCOO Ensino urxe á Consellería protocolos claros fronte ao acoso e ás violencias machistas nos centros educativos

CCOO Ensino expresa a súa profunda preocupación polas informacións publicadas nos últimos días arredor da campaña “Espazos Educativos Libres de Violencias Machistas”, impulsada pola Marcha Mundial das Mulleres en Ourense, e comparte a necesidade de garantir que todos os centros educativos sexan espazos seguros, libres de abusos, acoso, violencia e impunidade. Sen prexuízo da necesaria prudencia, da confidencialidade dos procedementos … Ler máis

CCOO e UGT denunciamos “o bloqueo intolerable da Secretaría de Estado de Seguridade Social á xubilación parcial nas Administracións públicas”

Segundo os sindicatos, a Secretaría de Estado de Seguridade Social ten paralizado desde hai máis de dous meses un acordo de xubilación parcial pactado con UGT e CCOO, e mantén secuestrado un dereito de miles de empregadas e empregados públicos. A Federación de Servizos Públicos de UGT e a Área Pública de CCOO denuncian “a actitude inxustificable da Secretaría de … Ler máis

Proxecto de real decreto do estudantado universitario: unha reforma necesaria pero falta de concreción

Tal e como vos informamos, o pasado 27 de abril abriuse o prazo de presentación de alegacións, no marco do trámite de audiencia e información pública, ao Proxecto de real decreto do Estatuto do Estudantado Universitario. Este trámite rematou o luns 18 de maio. Desde CCOO consideramos positivos os avances contidos no texto, no que se observa un esforzo por … Ler máis

O financiamento das universidades públicas: unha historia de incumprimentos

CCOO esíxelle ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades que cumpra a LOSU e garanta, polo menos, o 1 % do PIB para o financiamento das universidades públicas Sen financiamento suficiente non hai universidade pública. Supoñíase que o artigo 55 da Lei orgánica 2/2023 do Sistema Universitario (LOSU) abordaba esta necesidade cando establece que: Esta obriga legal non é só … Ler máis