Imaxe da reunión coa Secretaria de Estado de Función Pública

CCOO e UGT materializan co Goberno a suba salarial do 0,5 % do PIB en cumprimento do Acordo Marco para unha Administración do século XXI

UGT Servicios Públicos e a área Pública de CCOO reuníronse na mañá de hoxe (01/02/2024) coa Secretaria de Estado de Función Pública para facer efectiva a suba retributiva complementaria do 0,5 % vinculada ao PIB do 2023 e instan ao goberno a articular o mecanismo necesario para levar a cabo o incremento do 2 % pactado para o 2024 sen ter que esperar á lei de PXE 2024.

https://commons.wikimedia.org/wiki/File:La_Moncloa,_Madrid,_Espa%C3%B1a,_2016_01.jpg

O Goberno comprométese con CCOO a cumprir integramente o Acordo Marco e a negociar un novo acordo que garanta o poder adquisitivo e as condicións laborais das empregadas e os empregados públicos

A Área Pública de CCOO reúnese coa nova secretaria de Estado de Función Pública, Clara Mapelli, para retomar de contado o desenvolvemento do Acordo Marco para unha Administración do século XXI e, posteriormente, iniciar unha nova mesa de diálogo social que inclúa, entre outras materias, a negociación dun novo acordo na función pública.

CCOO reclama da USC que desista da intención de nomear funcionarios interinos no ámbito de proxectos

O acordo para a reforma laboral  acadado a finais de decembro entre CC.OO e UGT co Goberno e a CEOE plasmado no Real Decreto-lei 32/2021 vén a modificar de xeito substancial o marco legal das contratacións laborais, tamén na USC; suprimindo o contrato por obra ou servizo e establecendo o contrato indefinido como a relación laboral ordinaria.  Este acordo ratificado … Ler máis

Sen financiamento estrutural e persoal adecuados non hai futuro para a universidade pública

Nas reunións que está a celebrar o Ministerio de Universidades cos diferentes actores da comunidade universitaria e, en concreto, nas que participa CCOO (as dúas últimas celebráronse o 13 e o 18 de outubro), o sindicato criticou que o anteproxecto de Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU) non contemple unha memoria económica específica, explícita e suficiente, que garanta os gastos que necesariamente conlevan a adaptación e estabilización dos cadros de persoal para cumprir coa erradicación da precariedade do profesorado universitario. Tampouco se observa unha política proactiva para reverter os recortes sufridos na última década, de máis de 1.400 millóns de euros. Así, non será posible a modernización da universidade española, a dignificación das condicións laborais do seu persoal, ou o acceso de todos os cidadáns e as cidadás á educación superior en equidade, coa diminución drástica ou gratuidade de prezos públicos.