O Ministro Escrivá comprométese con CCOO e UGT na culminación do Acordo Marco para unha Administración do século XXI, empezando pola xubilación parcial e a clasificación profesional

Na comisión de seguimento celebrada no día de hoxe acordouse calendarizar as materias para poder culminar neste ano o Acordo Marco, priorizando a xubilación parcial e a clasificación profesional, ademais do resto de materias recollidas no mesmo, como son a implantación da xornada de 35 horas ou a mellora do emprego público.

A área pública de CCOO e UGT servicios públicos insistimos na necesidade de culminar o cumprimento do acordo marco e iniciar a negociación dun novo acordo de lexislatura. Tras unha análise pormenorizada das materias que están pendentes de desenvolvemento do acordo marco, ambas partes poñen o enfoque na implantación da xubilación parcial para o persoal funcionario, a necesidade da mellora do emprego público e rexuvenecemento dos cadros de persoal, o desenvolvemento da clasificación profesional ou as 35 horas, entre outras.

O Ministro ve factible e de xustiza a implantación da xubilación parcial no mesmo marco que o resto das persoas traballadoras, así como a culminación de todas e cada unha das materias do Acordo Marco.

Neste sentido, o ministerio xa está a traballar nunha análise da situación do emprego público, necesidades de perfís profesionais e dimensionamiento dos cadros de persoal, para poder aplicar materias tan importantes como a clasificación e carreira profesional, avaliación do desempeño, teletraballo ou xornada laboral.

Respecto ao incremento do 2%, insiste que é obxecto de PXE 2024 e que en calquera caso cumprirase, como xa pasou co resto de incrementos recolleitos no Acordo.

Ambas organizacións sindicais instaron ao Goberno a arbitrar as fórmulas lexislativas adecuadas para facer efectiva a subida do 2024 sen ter que esperar á lei de Presupostos Xerais do Estado.