CCOO Ensino reforzamos o noso compromiso coa igualdade real e a loita feminista
O Consello da Federación de Ensino de CCOO, celebrado o 25 de febreiro, aprobou por unanimidade a resolución titulada: «O poder das mulleres unidas é infinito»
O Consello da Federación de Ensino de CCOO, celebrado o 25 de febreiro, aprobou por unanimidade a resolución titulada: «O poder das mulleres unidas é infinito»
O 8 de marzo é o día en queas mulleres de todo o mundo xuntamos as nosas voces para felicitármonos polos logros acadados e reivindicarmos con enerxía que os dereitos das mulleres non teñen fronteiras e non son negociables.
Xa podes revisar as fotos e vídeos da participación de CCOO nas manifestacións do 8M de 2025. Non deixes de buscarte nesta demostración da loita feminista pola igualdade!
CCOO desempeñou un papel fundamental na elaboración de leis educativas, coeducativas, de igualdade así como na formación do profesorado en materia de coeducación e violencias machistas.
Desde CCOO apostamos polo feminismo sindical como elemento substancial de transformación ante as vellas estruturas e normas patriarcais e ante os novos movementos reaccionarios.
As Confederacións Sindicais de UGT e CCOO, ante a xornada reivindicativa mundial do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, manifestamos o noso firme compromiso coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, especialmente no ámbito laboral. É un obxectivo prioritario e irrenunciable polo que traballamos acotío coa nosa actividade sindical en todos os escenarios en que estamos, especialmente nos centros de traballo.
O 8 de marzo celebramos os dereitos conquistados polas mulleres en todos os ámbitos e conmemoramos a longa historia de loitas e sacrificios para conseguilos, ademais de denunciar que aínda nos queda un camiño que percorrer para poder alcanzar un obxectivo irrenunciable para CCOO: a igualdade real e efectiva de mulleres e homes.
CCOO, como sindicato feminista, manifesta o seu firme compromiso de seguir loitando contra a discriminación laboral das traballadoras en calquera das súas formas e negociando propostas que melloren as condicións de vida das mulleres.