CCOO Ensino reforzamos o noso compromiso coa igualdade real e a loita feminista
O Consello da Federación de Ensino de CCOO, celebrado o 25 de febreiro, aprobou por unanimidade a resolución titulada: «O poder das mulleres unidas é infinito»
O Consello da Federación de Ensino de CCOO, celebrado o 25 de febreiro, aprobou por unanimidade a resolución titulada: «O poder das mulleres unidas é infinito»
O 8 de marzo é o día en queas mulleres de todo o mundo xuntamos as nosas voces para felicitármonos polos logros acadados e reivindicarmos con enerxía que os dereitos das mulleres non teñen fronteiras e non son negociables.
Desde CCOO apostamos polo feminismo sindical como elemento substancial de transformación ante as vellas estruturas e normas patriarcais e ante os novos movementos reaccionarios.
As Confederacións Sindicais de UGT e CCOO, ante a xornada reivindicativa mundial do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, manifestamos o noso firme compromiso coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, especialmente no ámbito laboral. É un obxectivo prioritario e irrenunciable polo que traballamos acotío coa nosa actividade sindical en todos os escenarios en que estamos, especialmente nos centros de traballo.