Confirmación da Consellería sobre as subas de salarios na nómina de febreiro

A Consellería confírmanos que na nómina do mes de febreiro farase o pagamento dos atrasos correspondentes ao 0,5 % que quedaba pendente do ano 2023 e tamén se fará a regularización das nóminas do 2024 aplicando esta mesma suba.

Na seguinte táboa pódese ver o que supón este novo incremento en función do corpo e o número de sexenios de cada persoa:

No ensino concertado na nómina do mes de febreiro producirase o pagamento dese 0,5 % atrasado e correspondente ao ano 2023 e será na nómina de marzo cando se vexan actualizadas as cantidades correspondentes ao 2024.

Convén lembrar que estas cantidades son froito do Acordo marco para unha administración do século XXI, asinado por CCOO e UGT, no ano 2022.

Tamén hai que ter en conta que segue quedando pendente a suba do 2 % fixo pactado co Estado para 2024 e que podería verse incrementado noutro 0,5 % en función da evolución do IPC.

Consulta o noso InfórmaTE con toda a información sobre as retribucións do ano 2024

Deste xeito, ao tratarse de subas consolidables, a suba acumulada para os anos 2022 e 2023 supera o 7 % e súmase a todos os incrementos salariais conseguidos por CCOO desde o ano 2018 por medio da estratexia da mobilización+negociación.