Concentracións 2 de xuño da Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública rexeita a universidade privada de Abanca
Concentracións, día 2 de xuño nos 7 campus, ás 11:00 horas
Concentracións, día 2 de xuño nos 7 campus, ás 11:00 horas
CCOO Ensino, contra a creación dunha universidade privada en Galicia
A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública á que pertence CCOO-Ensino quere facer público o seu rexeitamento á decisión do Ministerio de Universidades de informar favorabelmente a creación da primeira universidade privada galega. O informe do Ministerio dirixido por Castells favorece a vontade da Xunta de entregarlle a Abanca un novo agasallo en forma de universidade privada que entra a romper un Sistema Universitario Galego (SUG) totalmente público.