O dato do PIB confirma que a suba complementaria do 0,5 % para 2023 cúmprese

A área Pública de CCOO e UGT Servizos Públicos instan ao Goberno á utilización de fórmulas lexislativas para facer efectivas as subas salariais do ano 2024 para as e os Empregados Públicos sen ter que esperar á lei de PXE.

O Acordo Marco para unha Administración do Século XXI asinado por CCOO e UXT recolle para 2023 dúas subas salariais: unha suba fixa do 2,5 % (que se fixo efectiva en xaneiro do pasado ano) máis dúas subas complementarias e con carácter retroactivo ao 1 de xaneiro de 2023 do 0,5 % cada unha.

A primeira, que operaba se o IPC harmonizado de 2022 e 2023 superaba o 6%, cumpriuse e fíxose efectiva en novembro de 2023. A segunda acábase de confirmar ao coñecerse o dato do PIB (2,5 %) que avanzou máis alá do 2,1 % estipulado no Acordo.

CCOO e UGT urxen ao Goberno para incorporar de maneira inmediata ás nóminas dos 3,5 millóns de empregados e empregadas públicas este 0,5 %, máis o 2 % correspondente a 2024, activando as fórmulas lexislativas necesarias sen esperar á aprobación da lei de PXE.