Aprobada a suba do 0,5 % para os salarios públicos

O Goberno aprobou no día de hoxe a suba do 0,5 % para os salarios públicos, con carácter retroactivo a xaneiro de 2023, tal e como se recollía no Acordo marco para unha administración do século XXI asinado por CCOO e UGT.

Con esta medida, faise efectivo o cumprimento por parte do goberno da suba da segunda variable do 0,5 % tras a confirmación de que o PIB do Estado superou o 2,1 % durante o ano 2023.

Na seguinte táboa pódese ver o que supón este novo incremento en función do corpo e o número de sexenios de cada persoa:

Consulta o noso InfórmaTE con toda a información sobre as retribucións do ano 2024

Se analizamos os “froitos” retributivos do acordo:

  • no ano 2022 conseguiuse unha suba final do 3,5 %, e sobre este aumento…
  • … aplícase a suba do ano 2023 que se divide en tres tramos
    • 2,5 % de incremento fixo
    • 0,5 % vinculado á evolución do IPC (cumprida e cobrada con carácter retroactivo na nómina do mes de novembro de 2023)
    • e este 0,5 % recentemente cumprido e vinculado coa evolución do PIB (a cobrar todo xunto nunha única nómina que probablemente non será febreiro por cuestión de prazos e será na nómina de marzo)

Deste xeito, ao tratarse de subas consolidables, a suba acumulada para os anos 2022 e 2023 supera o 7 % e súmase a todos os incrementos salariais conseguidos por CCOO desde o ano 2018 por medio da estratexia da mobilización+negociación.