Grupo A1 e suba de nivel para todos os corpos docentes. Recollida de sinaturas

A Federación de Ensino de CCOO inicia unha campaña reivindicativa pola mellora das condicións laborais do persoal docente do ensino público non universitario que dea resposta ás principais necesidades do profesorado.

No marco das diferentes propostas presentadas, o sindicato pon en marcha unha recollida de sinaturas polo recoñecemento do labor docente de todo o profesorado:

  • Coa inclusión de mestres e mestras no subgrupo A1, recoñecendo así a máxima consideración na función pública. Isto suporá unha mellora substancial nas súas retribucións, ao se equiparar os seus salarios co do profesorado de secundaria.
  • Cunha suba retributiva do nivel de complemento de destino para todo o profesorado, independentemente da etapa educativa en que imparta clases.

Como repercute no profesorado da concertada?

Nos últimos anos, CCOO vén asinando acordos de analoxía retributiva en todas as comunidades autónomas que posibilitan a equiparación gradual dos salarios do persoal docente co profesorado do ensino público, tal e como recolle a Lei orgánica de Educación (LOE).

Por iso, as medidas propostas no ámbito do ensino público acabarán impactando notablemente sobre as nóminas do profesorado da concertada. Neste sentido, trasladamos a recollida de sinaturas ao sector do ensino concertado, para compartir a necesidade de mellora da profesión docente.

ASINA A PETICIÓN AO MINISTERIO E Á CONFERENCIA SECTORIAL DE EDUCACIÓN