Novos cursos en liña 2024 da Federación de Enseñanza de CCOO

Consulta a información dos novos cursos en liña organizados pola Federación de Enseñanza de CCOO (homologados polo INTEF e, polo tanto, baremables para educación).

Todos os cursos teñen un desconto para as persoas afiliadas a CCOO Ensino. Se non o estás, podes afiliarte neste momento.

Os cursos están dirixidos ao profesorado e persoal especializado dos centros que imparten as ensinanzas regulados na Lei Orgánica 2/2006 de Educación, así como ao dos servizos técnicos de apoio educativo nas citadas ensinanzas:

  • persoal docente en activo ou con experiencia previa: deberase achegar cabeceira de nómina ou certificado do centro onde se preste servizo.
  • persoal que non estea en activo, pero que estea habilitado para o exercicio da docencia, futuros docentes, opositores e persoal sen experiencia previa: deberán achegar título de mestre/a, grao ou licenciatura máis máster de secundaria ou CAP. A cota para estas prazas é do 15% das prazas totais do curso.

Condicións de homologación: Para poder homologar os cursos, o MEFPD require que haxa 30 persoas rexistradas en cada curso, como mínimo. No caso de que non se complete, poderase atrasar a data de celebración ata alcanzar a cota ou anular a actividade. Nese caso, devolverémosche o importe da matrícula, ou se é posible e che interesa outro curso, podemos cambiala.

Non se poden realizar dous cursos que coincidan ou se solapen as datas, xa que o MEFPD só recoñecerá un deles. Unha vez alcanzado o número mínimo de persoas participantes que estean en activo, poderanse asignar prazas a quen, non exercendo a docencia, cumpran todos os requisitos para iso establecidos no Real Decreto 1834/2008 e a Orde ECI/3857/2007. Estas prazas non poderán superar o 15% do total das persoas rexistradas.

Os certificados definitivos dos cursos remitiranse ao enderezo de correo electrónico facilitado no formulario de inscrición, unha vez que o Ministerio nos emita as dilixencias de recoñecemento. Segundo normativa, ten ata tres meses para facelo, contando desde a data de finalización do curso.

Esta oferta complétase coas actividades homologadas polas Consellerías de Educación dalgunhas comunidades autónomas. Infórmate na túa sede de CCOO Ensino máis próxima.