As actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero convocadas pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) figuran no anexo II, e deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I do DOG do 15/03/2024
Requisitos
- Persoal ao servizo da:
- Administración pública da Comunidade Autónoma.
- Entidades públicas instrumentais.
- Administración institucional.
- Administración de xustiza.
- Entidades locais.
- PAS das tres universidades do SUG
- Que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
- Está exceptuado:
- Persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
- Persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.
- Persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria da Lei 17/1989.
Desenvolvemento dos cursos
- Realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria.
- A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal.
Solicitudes e prazos
- Prazo solicitudes: desde as 9.00 h. do 16 de marzo ata as 14:00 h. do 25 de marzo.
- As solicitudes teñen que tramitarse vía telemática no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.
- Número máximo de cursos que se poden solicitar: 3