Curso presencial. Docentes emocionalmente intelixentes: medios de axuda ao profesorado
En Pontevedra: CEIP FROEBEL. R/ Xeneral Martitegui, 3.
23, 24 e 26 de abril de 2024
10 horas
Horario:
- 23 de abril: de 16 a 20 horas
- 24 e 26 de abril: de 16 a 19 horas
Custo: de balde
30 prazas
Prazo de matrícula: ata completar prazas
Solicitada homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
COORDINADOR
Luis Vilela Acuña (educación física – experto en meditación y yoga)
RELATORA
María Elena Quiñoy García (orientación – postgrao en danza, arte e musicoterapia transpersoal)
OBXECTIVOS
- Crear un espazo e ambiente de calma, confianza e liberdade para a expresión de emocións na comunidade educativa.
- Propoñer o uso de terapias creativas no mundo educativo: musicoterapia, arteterapia, danzaterapia entre o profesorado.
- Desenvolver a participación, imaxinación e creatividade de todos os membros da comunidade educativa.
CONTIDOS
- Terapias novas no ámbito educativo
- Espazos e ambientes de confianza na aula
- Emocións na comunidade educativa
- Imaxinación e creatividade escolar