As actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero convocadas pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) figuran no anexo II, e deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I do DOG do 15/03/2024.
Requisitos
- Ser PAS dunha das tres universidades do SUG.
- Que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Desenvolvemento dos cursos
- Realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria.
- A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal.
Solicitudes e prazos
- Prazo solicitudes: desde as 9.00 h. do 16 de marzo ata as 14:00 h. do 25 de marzo.
- As solicitudes teñen que tramitarse vía telemática no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.
- Número máximo de cursos que se poden solicitar: 3