O Goberno comprométese con CCOO e UGT en recoller nun próximo RDL o 2% pactado para máis de cinco millóns de empregadas e empregados públicos

O Acordo Marco para unha administración do século XXI recolle os incrementos retributivos e mellora das condicións de traballo do persoal funcionario e laboral das administracións públicas.

En 2022 e 2023 cumpríronse os obxectivos máximos recollidos no Acordo Marco, o que supón máis do 7 % de incrementos, ao que haberá que sumar o 2 % previsto para 2024, quedando pendente posteriormente un 0,5 % máis se se cumpren os obxectivos do IPC harmonizado.

Ambos sindicatos insistiron tamén en que debe recollerse a derrogación completa do “Decretazo de 2012”, comprometido no Acordo Marco, e volver ao EBEP a xubilación parcial para o persoal funcionario, así como o carácter de mínimos de permisos, licenzas e vacacións.

Neste sentido, CCOO e UGT instan o Goberno a iniciar inmediatamente a negociación da xubilación parcial, a clasificación profesional e a adaptación ao Marco europeo de cualificacións profesionais (MEC).