No día de hoxe publicouse a resolución provisoria coa relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas seguintes especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590):
- 590002 Grego
- 590003 Latín
- 590010 Francés
- 590015 Portugués
- 590019 Tecnoloxía
- 590107 Informática
- 590124 Sistemas electrónicos
- 590125 Sistemas electrotécnicos e automáticos
- 590206 Instalacións electrotécnicas
- 590227 Sistemas e aplicacións informáticas
- 590231 Equipos electrónicos
Prazo de presentación de reclamacións: desde MAÑÁ, mércores, 13 de marzo ata o venres, 15 de marzo, ambos incluídos.
Forma de presentación de reclamacións: obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentos relacionados: