Denunciamos a improvisación da Xunta na elección de destinos tras anos de atraso na estabilización

Denunciamos a falta de rigor da Xunta na elección de destinos do persoal estabilizado, tras publicar unha resolución con erros que terá que ser rectificada. Reclamamos información fiable, tempo suficiente e un procedemento claro e con garantías.

A Xunta traslada ao persoal do PAE as présas acumuladas durante anos nos procesos de estabilización

A Administración concede só tres días para realizar electronicamente unha elección de destinos para determinar o posto definitivo das persoas afectadas, despois de anos de atraso na resolución dos procesos de estabilización.

Transformar para educar: normativa, organización e innovación educativa en Infantil e Primaria 2026/27

Curso de 50 horas sobre normativa, organización dos centros, atención á diversidade, protocolos, innovación educativa e avaliación en Educación Infantil e Primaria.

CCOO Ensino esixe avances reais en prevención e arrinca compromisos á Consellería no Comité Intercentros

CCOO Ensino volveu situar no Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral, celebrado o 24 de setembro, varias das principais demandas que vimos trasladando en materia de prevención. A nosa intervención permitiu concretar compromisos e actuacións da Consellería, pero tamén puxo de manifesto importantes cuestións que seguen sen unha resposta suficiente.

Transformar para educar: normativa, organización e innovación educativa en Secundaria 2026/27

Curso de 50 horas sobre normativa, organización dos institutos, atención á diversidade, protocolos, innovación educativa e avaliación en ESO e Bacharelato.