Mesa Sectorial (12 de marzo de 2024)

No día de hoxe celebrouse a Mesa Sectorial Docente Non Universitaria. Nos seguintes apartados podes consultar as intervencións de CCOO Ensino e as respostas da Administración sobre o calendario escolar 24/25, o concurso de direccións de centros escolares, o Plan de Igualdade da Consellería e outras cuestións.

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PES (590)

No día de hoxe publicouse a resolución provisoria coa relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas seguintes especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590).

8M - Día Internacional da Muller

Resolución do Consello Federal de FECCOO en apoio á loita do 8M

O 8 de marzo celebramos os dereitos conquistados polas mulleres en todos os ámbitos e conmemoramos a longa historia de loitas e sacrificios para conseguilos, ademais de denunciar que aínda nos queda un camiño que percorrer para poder alcanzar un obxectivo irrenunciable para CCOO: a igualdade real e efectiva de mulleres e homes.