O Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo é unha xornada que se celebra anualmente o 2 de abril desde 2008, foi establecida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (AGNU) o 18 de decembro de 2007.
A elección desta data ten como finalidade sensibilizar á poboación mundial sobre o autismo, unha condición neurolóxica permanente que se manifesta desde a primeira infancia e busca tamén salientar a necesidade de axudar a mellorar a calidade de vida das persoas con autismo para que poidan levar unha vida plena e significativa como parte integral da sociedade.
Desde a súa primeira conmemoración, este día serviu para destacar as contribucións das persoas con autismo en diversos ámbitos da sociedade, como o fogar, o traballo, as artes e a elaboración de políticas.
A pesar dos avances na concienciación e aceptación do autismo, as persoas con TEA (Trastornos do Espectro Autista) continúan enfrontando desafíos significativos, incluída a discriminación, o que subliña a importancia deste conmemoración para dar visibilidade a todas estas problemáticas.
Desde CCOO Ensino seguiremos demandando a dotación dos centros educativos con todo o persoal docente e non docente necesario, así como dos recursos materiais pertinentes, para lograr un ensino o máis inclusivo posible.