Recordatorio de datas de exames de funcionarización do persoal laboral fixo

Publicado en DOG do 15 de marzo de 2024

As listaxes coa distribución de persoas aspirantes por aula estarán dispoñibles no portal corporativo de función pública da Xunta.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal e bolígrafo de tinta azul ou negra.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

  • Grupo I (funcionarización subgrupo A1) 16 de abril de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
  • Grupo II (funcionarización subgrupo A2) 16 de abril de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, nas aulas 6 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
  • Grupo III (funcionarización grupo – subgrupo B/ C1) 9 de abril de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, nas aulas 7, 8, 11 e 12 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
  • Grupo IV e V (funcionarización subgrupo C2) 23 de abril de 2024, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.
  1. Día 23 de abril, ás 16.00 horas na EGAP, aula 2.
    • Grupo V, categoría 14 Bombeiro/a forestal
    • Grupo V, categoría 10B Vixilante fixo defensa contra incendios forestais
    • Grupo V, categoría 10C Emisorista defensa contra incendios forestais
    • Grupo IV, categoría 33 Bombeiro/a forestal condutor motobomba
  2. 2. Día 23 de abril, ás 16.00 horas na EGAP, aula 6.
    • Grupo IV, categoría 20 Conserxe
    • Grupo IV, categoría 01 Auxiliar de gravación
    • Grupo IV, categoría 32 Operador/a codificador SPDCIF
    • Grupo IV, categoría 05 Oficial/a 2ª cociña
    • Grupo IV, categoría 22 Oficial/a 2ª reprografía
    • Grupo IV, categoría 11 Axudante de laboratorio
  3. 3. Día 23 de abril, ás 16.00 horas na EGAP, aula 7.
    • Grupo IV, categoría 03 Auxiliar de enfermaría
    • Grupo IV, categoría 18 Oficial/a de 2ª
    • Grupo IV, categoría 16 Condutor/a
  4. Día 23 de abril, ás 16.00 horas na EGAP, aula 8.
    • Grupo V, categoría 14A Bombeiro/a forestal, condutor/a
    • Grupo IV, categoría 06 Axudante/a de servizos técnicos
    • Grupo IV, categoría 35 Auxiliar de arquivos e bibliotecas
    • Grupo IV, categoría 09 Oficial/a 2ª agrario
    • Grupo V, categoría 09 Celador/a 2ª. Vixilante recursos naturais
  5. Día 23 de abril, ás 16.00 horas na EGAP: Grupo V (funcionarización AP)
    • Aula 8.
      • Grupo V, categoría 02 Axudante/a de traballos ou oficios
      • Grupo V, categoría 12 Peón/oa laborante
    • Aula 10.
      • Grupo V, categoría 03 Ordenanza
      • Grupo V, categoría 08 Peón/oa agrario
    • Aula 11.
      • Grupo V, categoría 01 Camareiro/a limpador
      • Grupo V, categoría 10F Peón/oa forestal
      • Grupo V, categoría 11 Limpador/a
    • Aula 12.
      • Grupo V, categoría 11 Limpador/a