Coñece toda a información necesaria para realizar a declaración do IRPF do exercicio 2023 e desgravar as cotas de afiliación a CCOO.
Cando comeza e acaba a campaña da Renda 2023?
As datas para confeccionar a declaración de Renda e Patrimonio 2023 están dispoñibles no calendario da AEAT e son as seguintes:
- 3 de abril ata o 1 de xullo de 2024: presentación por Internet
- 7 de maio ata o 1 de xullo de 2024: a Axencia Tributaria poderá confeccionarche a túa declaración de Renda 2023 por teléfono (solicitude de cita desde o 29 de abril ata o 28 de xuño)
- 3 de xuño ata o 1 de xullo de 2024: a Axencia Tributaria poderá confeccionarche a túa declaración de Renda 2023 presencialmente nas súas oficinas (solicitude de cita desde o 29 de maio ata o 28 de xuño)
Canto pode supoñer a desgravación por pago de cotas de afiliación a CCOO?
Dependendo da situación persoal, poderás desgravar entre un 20 % e un 35 % das cantidades totais pagadas durante o exercicio 2023.
Onde obteño o certificado de pagamento de cotas sindicais?
Tes varias vías para obter o certificado:
- Revisa a túa conta de correo (incluída a bandexa de correo non desexado). O certificado envióuselle a toda a afiliación no mes de marzo
- A través da zona de afiliación da web de CCOO. Podes axudarte co seguinte titorial
- Contacta cos locais de CCOO Ensino
Recorda que podes sacarlle máis partido á túa afiliación. Hai descontos en moitos produtos e servizos, como formación, universidades, etc.