Resumo da Mesa Sectorial Docente co Ministerio de Educación, FP y Deportes

Hoxe celebrouse a mesa onde o Ministerio presentou o borrador de modificación do RD de Concurso de Traslados. CCOO puxo de manifesto que esta negociación debería producirse moito antes e expuxo observacións ao proxecto. O sindicato esixiu un compromiso e un calendario de negociación para todos os temas importantes para o profesorado.

O borrador contén modificacións en varios apartados da norma e especialmente no baremo, sobre todo no apartado 1.1 de antigüidade no centro.

CCOO expresou que esta negociación debería terse realizado antes e con medidas para solucionar os agravios comparativos do concurso deste ano. O sindicato propuxo no seu momento solucións e unha disposición transitoria pola situación de inferioridade do profesorado que obtivo a súa praza por concurso-oposición en relación cos que a obtiveron por concurso de méritos e como concursan neste, o seu primeiro concurso.

Aínda que, en xeral, as modificacións introducidas agora poidan ser razoables, con todo deben ter un proceso maior de participación e afinarse, debería terse abordado moito antes esta cuestión. Por suposto, era necesaria a parte que asegura a participación en igualdade de condicións ás vacantes de Formación Profesional, cuestión na que están a existir problemas con algunhas administracións este ano.

CCOO propuxo que a norma debe ser moito máis precisa e contundente nos termos co obxectivo de asegurar que as administracións convocan en cada concurso de traslados todas as prazas vacantes dispoñibles, asegurando que todas as prazas de ofertas de emprego público e de asignacións de inicio de curso estean dispoñibles sen dilación no seguinte concurso de traslados para poder garantir os dereitos de todo o profesorado.

O sindicato tamén expuxo cuestións relacionadas con como se computa o apartado 1.1.3 de tempo en centros de especial dificultade, en relación coa sentenza do Tribunal Supremo a este respecto, e ao apartado 4, especialmente no que respecta a outros cargos de coordinación docente no que deberían especificarse e contabilizarse todos e en todo o tempo que se desempeñaron, non deixándoo á discreción das diferentes administracións educativas. Debe asegurarse que todas as administracións contabilizan todas as súas figuras específicas de cargos e funcións de coordinación docente, incluídas tamén as de Escolas Europeas.

Sobre a cuestión das modificación da disposición adicional segunda respecto aos criterios de desprazamento, o Ministerio expuxo que as modificacións teñen que ver coas cuestións xurídicas sobre as sentenzas do Tribunal Supremo sobre o tempo de interinidade, para CCOO non está tan claro que xuridicamente isto teña que ser así, en calquera caso é unha disposición que non é de carácter básico e cada Administración educativa pode establecer os criterios como considere, igualmente non temos claro que obrigatoriamente, pola sentenza a ese respecto haxa que contar igual as certificacións de idiomas do marco común europeo que as das escolas oficiais de idiomas.

O Ministerio manifestou que haberá máis reunións e que o borrador terá, polo menos, unha segunda volta na Mesa Sectorial e pasará tamén por todos os procesos de participación correspondentes, co que vos animamos a que enviedes as vosas achegas a CCOO ao correo: ensino@galicia.ccoo.es

CCOO esixiu na mesa un compromiso e un calendario de negociación de todos os temas importantes para o profesorado e que deben abordarse de maneira urxente:

  1. Diminución da carga lectiva, redución do horario de permanencia e mellora das ratios
  2. Grupo A1 e suba de nivel para todos os corpos docentes
  3. Xubilación anticipada, voluntaria e incentivada para todas e todos
  4. Regulación específica docente da saúde laboral, incluíndo os riscos psicosociais
  5. Mellora real da formación inicial
  6. Formación permanente con recursos e dentro do horario laboral
  7. Unha verdadeira carreira profesional, atractiva, articulada e ben incentivada
  8. Revisión do ingreso e acceso primando aspectos pedagóxicos cunha fase de prácticas con recursos, realmente formativa e ben planificada
  9. Concreción das funcións do profesorado para evitar a acumulación de tarefas e o exceso de burocracia
  10. Mellora e homologación á alza das condicións retributivas e laborais do profesorado, incluíndo tamén licenzas e permisos e acción social

Todo isto debe xerar dunha vez un Estatuto Docente.

Un dos puntos principais con carácter inmediato sería a instauración da rebaixa do máximo de períodos lectivos de cada docente con carácter obrigatorio para todo o Estado.

CCOO está recoller sinaturas para un destes elementos que debe instaurarse tamén con carácter prioritario e previo á negociación doutras destas cuestións fundamentais: o A1 e a suba de nivel para todos os corpos docentes.

O Ministerio non deu prazos para definir o que dixo de que esta será a “lexislatura do profesorado”, nin estableceu prioridades. Desde CCOO seguiremos presionando para que se definan primeiro os temas máis fundamentais e que se faga canto antes.

Consulta o borrador do Real Decreto que modifica o Concurso Xeral de Traslados